31.5.16

30.5.16

As redes de Inés

As redes de Ines from bemilladoiro on Vimeo.

Nenos e nenas de 1º ilustraron este fermoso texto de Elvira Riveiro O resultado é delicioso!

14.1.16

As noites de Xián

A autora ceense Concha Blanco, acompañada polas suxestivas e espléndidas ilustracións de Dani Padrón, e baixo o título de As noites de Xián, recrea as reviravoltas dun neno que, tras verse obrigado a abandonar a vila mariñeira na que naceu, non é quen de durmir debido a que sente a falta do son do mar. Ese arrolo continuo que se esvaece na súa vida provoca un baleiro que só se verá compensado cun sorprendente obxecto clave que se insire con moita naturalidade no discurso narrativo recorrendo atinadamente á introdución do factor marabilloso representando tanto nun castelo como nunha princesa que aparecen e, maxicamente, desaparecen, co obxectivo posto en redondear unha intriga resolta con efectividade.

 Gobernado pola sinxeleza e a emoción, sen nunca dar as costas á expresividade e á fluidez sempre precisa neste tipo de achegas, paréceme que este libro, pola temática da ausencia que trata e por como está ideado, constitúe todo un acerto.

As señoras cousas

Resultado de imagen de as señoras cousas
Helena Villar Janeiro entende ben de poesía infantil.
ibros, xoguetes, animais, a chuvia, a cama, as zapatillas, o trono, o sol, o día, a noite, a primavera, a neve, o vento, o frío, o mar, as nubes... Todas as cousas que ves poden falar contigo e ti con elas. A poesía consegue o milagre de que todo viva e se che acerque para xogar contigo.

O monstro de cores

http://1.bp.blogspot.com/-n-qWRsGm5v8/VkjEpDloAqI/AAAAAAAADno/5LXGIeeUazY/s400/52e6d579ff64b9fe8a88a08aa7e48bf3.jpg Da man de Anna Llenas e a Editorial Flamboyant, chéganos este monstro ao que se lle enguedellaron as emocións todas (alegría, tristura, carraxe, medo...) imos axudarlle a desenguedellalas. Traballar as emocións axuda a pór en práctica habilidades emocionais, a pórlles nome aos sentimentos... a coñecernos un pouco máis.

As redes de Inés

Elvira Riveiro e o ilustrador Fino Lourenzo agasállannos esta marabilla editada por Xerais:

Inés está no peirao / dende o amencer, / ata que te ata / o verde cordel. E eu sei que ela sabe, / ela sabe que eu sei… / …que nunca se enlean / as redes de Inés.

Elvira xa nos deleitara coas súas palabras brancas e segue a facelo con estas poesías áxiles, cantarinas e doadas de ler e de aprender.
Na etapa infantil, a poesía é un xoguete sonoro cheo de cores que non está condicionado por normas gramaticais e lóxicas. Simplemente é un elemento lúdico do que gozar. Neste proceso de xogo ábrense os camiños da inventiva pero, ao mesmo tempo, incorpórase léxico novo, contribúese á adquisición da linguaxe e refórzanse os lazos afectivos e referenciais. Lembremos que a linguaxe é o recurso primordial para comunicarse cos demais.

Ler máis

De cores e de amores

Un libro para darlle cor ao amor.

Hai unha gran forza que goberna o mundo.  Esa forza chámase amor. Das cores do amor, e de amores de todas as cores, fala este libro.
Revista Babar:
En este libro el color, o mejor, los colores son los protagonistas y, con ellos, de alguna manera, el amor ya que de la soledad de una “gota” de color y la soledad de otra de distinto color, vamos a tener un “abrazo” con sorprendentes resultados.
Muy lejos de aquella gran obra Pequeño azul, pequeño amarillo de Lionni,  que en su mensaje tenía mucho de didactismo, De cores e de amores es sólo una obra plástica poética (¡¿sólo?!) que nos invita a seguir recreando las posibilidades de expresar nuestro entorno con los colores, sin necesidad de perfilar: directamente a la pintura sin tener que dibujar, sentir sin tener que definir lo sentido, ver sin tener que ponerle nombre, límites.
Todo ello se inicia sobre un fondo blanco para resaltar lo que los colores dicen, para ir ocupando las páginas con los resultados de las mezclas, con las sensaciones que nos sugieren y provocan, con las posibilidades de que distintos tonos de color nos lleven a un mismo concepto o que distintos conceptos se representen por un mismo color.