14.1.16

As noites de Xián

A autora ceense Concha Blanco, acompañada polas suxestivas e espléndidas ilustracións de Dani Padrón, e baixo o título de As noites de Xián, recrea as reviravoltas dun neno que, tras verse obrigado a abandonar a vila mariñeira na que naceu, non é quen de durmir debido a que sente a falta do son do mar. Ese arrolo continuo que se esvaece na súa vida provoca un baleiro que só se verá compensado cun sorprendente obxecto clave que se insire con moita naturalidade no discurso narrativo recorrendo atinadamente á introdución do factor marabilloso representando tanto nun castelo como nunha princesa que aparecen e, maxicamente, desaparecen, co obxectivo posto en redondear unha intriga resolta con efectividade.

 Gobernado pola sinxeleza e a emoción, sen nunca dar as costas á expresividade e á fluidez sempre precisa neste tipo de achegas, paréceme que este libro, pola temática da ausencia que trata e por como está ideado, constitúe todo un acerto.

No hay comentarios: